19/09/13

A GALICIA PONDALIÁ II



-Ouh, terra de Bergantiños               de Bergantiños tendida
roxa ó arar, nobre e testa                  no chan dos antigos celtas
doce á vista desde lonxe,                  ó fin, despois de ben tempo,
onde vin a luz primeira.                    volvo a ver no cume recio,
                                                      cal branca Pomba pousada,
Cando era rapaza nova                     a vosa casiña leda.
casánome en terra allea:                    Fun rapaza, agora veño,
(aínda o meu pai no acabara              non moza, anque non son vella,
ben catorce sementeiras).                  e dendes de aquí contemplo
                                                       os campos que a luz me deran.
Cando de ti me levano                      
tomei unha boa pena:                        Aquela é a ponte Dona,
fun chorando polo camiño                 Zreo, Xaviña e Valencia,
dunha terraxe estranxeira.                  Corcoesto e Santa Baia,
                                                       todas, todas, boa terra:
Se non te vexo cos ollos,                   a carballeira de Verdes,
Bergantiños, boa terra,                      ben preto do río, é aquela;
cos ollos do corazón                          aquela é a torre de Traba,
vexo as túas doces veigas.                  que desde lonxe branquea;
                                                        os verdes de Coristanco
Ouh, terra de Bergantiños,                  e os altos pinos de Bértoa;
ben te vexo desde lonxe,                     e ti, castro antigo de Oca,
cos teus trigos e os teus pinos.             Ben te coñezo, entre a brétoma.

-Virxe garrida, que tendes                   Ben te vexo, Bergantiños,
vosa capela ben feita,                         desde o alto de Ferreira,
onde fan o seu niño as aguias              cos teus trigos e os teus pinos.
sobre o alto de Ferreira,
e gozás da vosa altura,
e vedes a longa terra                           Queixumes dos pinos, 1866



O DOLMEN DE DOMBATE


Aínda recordo, aínda, cando eu era estudante,
garrido rapacete, que ben rexerse sabe;
cando ía pra Nemiña a estudiar a arte
do erudito Nebrija e do bo Villafañe;
e ía a cabalo, ledo, cal soen os rapaces.

Pasado Vilaseco, lugar batido do aire
no alto da costa de Uces de montesía canle;
pasado Vilaseco, indo pla granda adiante,
xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate.

Deixando Fonte-Fría, cara ao lado de Laxe,
e levando o camiño de San Simón de Nande;
polo chan de Borneiro, de cativos pinales,
cuase pasaba a rentes do dolmen de Dombate.

Quedaba o misterioso, fillo doutras idades,
coa súa antiga mesa, coas súas antigas antes,
no seu monte de terra, no alto e ben roldante,
poboado en redondo de montesío estrame,
de pequenas queiroas e de toxos non grandes,
como calada esfinxe, que sublime non fale;
como náufrago leño, de soberbio cruzamen,
lanzado sobre a praia por potente oleaxe,
que de pasada rota mostre rudas señales,
e mostre aberto o flanco por glorioso combate,
e con linguaxe muda das súas glorias fale.
¡Canto, ai, mudar pode longa e vetusta idade!

Entonces eu deixando ambas rendas flotantes,
penoso ía cuidando, pla Viqueira salvaxe,
nos nosos xa pasados, nos celtas memorables,
nas súas antigas glorias, nos seus duros combates,
nos nosos vellos dolmens e castros verdexantes.

E despois a Nemiña, ou que fose ou tornase,
ao velo desde lonxe indo pla gandra adiante,
sempre ledo exclamaba: ¡O dolmen de Dombate!

Agora que pasaron meus anos xogorales,
agora que só vivo de tristes suidades,
que cumpro con traballo meu terrenal viaxe
e que á miña cabeza branquea a grave idade,
aínda recordo aínda, o dolmen de Dombate.

Poemas soltos


Ningún comentario:

Publicar un comentario