A Galicia
¡Ai!, desperta, adorada Galicia Eu soñei ver no cume do Pindo
dese soño en que estás debruzada; adornados de mirto e loureiros,
do teu rico porvir a alborada escritores, poetas, guerreiros,
polo ceo enxergándose vai. que sorrindo se daban a man.
Xa cantando os teu fillos te chaman, eran eses os fillos máis caros
e cos brazos en cruz se espreguizan... que da patria aumentaron a gloria;
¡Malpocados! o que eles cobizan os seus nomes nos fastos da historia
é un bico dos labios da nai con diamantes gravados serán.
Dese chan venturoso arrincado E despois unha andrómena rara
pola man do meu negro destino, sen moverse con auga fervente,
ata mesmo soñando maxino e asubiando como unha serpente,
eses campos risoños cruzar. coma un lóstrego os campos cruzou.
E correr polas hortas e prados Era aquel o porvir que xa soa
onde leda pasou miña infancia e das pobres aldeas fai vilas...
respirando a suave fragancia ¡Adeus, cantos e musas tranquilas!
de xazmín, caravel, azahar. O imperio da industria empezou.
Coido ver esas rías serenas, Acordei...o meu soño dourado,
escumando, con barcos veleiros como fume pasou de repente,
e cantares oír feiticeiros, e magoado o meu peito se sente
que en ningures tan doces oín de saudades e amor palpitar
Inda creo sentir as lavercas Murmurei: -Adorada Galicia!...
que peneiran nos aires cantando, -E dos ollos chovíanme as bágoas-,
cando o sol vai as nubes pintando ¡quen puidese beber túas bágoas,
de amarelo, de lume e carmín. e os teus aires feliz respirar!...
A través de aguzados penedos De ti lonxe, querido curruncho,
penso ver empinados petoutos, eu morréndome estou de amargura,
viñas, hortas, devesas e soutos, como a froita que vai xa madura,
que apouvigan os ventos do Sul. e entre silvas o vento guindou.
E saltando regueiros e valos, ¡Teño envexa da libre andoriña,
cata xa outros bos horizontes, que aí chega por todos os maios!...
outras veigas, mariñas e montes, ¡Teño envexa das nubes e raios
que se perden na brétema azul. que o sudoeste a esas terras levou!
Soño aí que entre verdes pereiras A ti voa entre ardentes salaios
foliadas alegres escoito, sobre as trémulas alas do vento,
cando o ceo se viste de loito a saudade do meu pensamento,
nas poéticas noites de vran. que decote cravado está en ti.
E que en medio de nenas garridas Por diversos países que eu vaia,
canta un mozo con voz pracenteira ti serás miña doce memoria...
para o lado tumbada a monteira ¡Mesmo entrar non quixera na gloria
unha orella tapando coa man. sen primeiro pasar por aí!
Francisco Añón

Ningún comentario:
Publicar un comentario