Diante dunha cunca de viño espadeiro
¡O espadeiro! ¡Acios mouros, cepas tortas, ¡O espadeiro morno! ¡O roxo viño,
follas verdes, douradas e vermellas, sangue do corazón da nosa terra,
gala nas terras vivas de Castrelo que arrecende a mazás e a rosas bravas,
nos Castelos de Oubiña e nas areas quenta os peitos e as almas alumea,
de Tragove e Sisán, do mar de Arousa e sabe a bicos de mociña nova,
e o Umia cristalino nas ribeiras! aldeana e trigueira!
¡O espadeiro amante! ¡O viño doce! ¡Como canta ao caer nas brancas cuncas
¡Alegría de mallas e espadelas, desde as pintadas e bicudas xerras!
compañeiro das bolas de pan quente ¡Como latexa e brilla ao coroalas!
e as castañas asadas na lareira! ¡E como loce e ri cando as adreza
asemellando fíos de rubises,
cun rosario de escumas sanguiñentas!
¡O espadeiro! ¡O resolio que louvaron
en namorantes páxinas sinxelas .........................
os antigos abades do mosteiro ¡Espadeiro! ¡Espadeiro! ¡Ledo viño
de Xan Daval, na vila cambadesa, das noites mozas! Claridá de estrelas
aqueles priores leigos e fidalgos, O aturuxo zoando nas quebradas
mestres na vida, na virtú e na ciencia, Mozos... Pandeiros... Un amor que empeza
que sabían -¡ouh tempos esquencidos!- Aromas de carqueixas e de trevo...
cantar a misa, escorrentar as meigas, De man en man a bota carreteira...
acoller e amparar orfos e pobres, Unha cantiga ao pé dunha ventana...
rir coas rapazas, consellar as vellas, ¡Detrás dos vidros, Ela
darlle leito e xantar aos peregrinos, ¡Ouh espadeiro amante! ¡Ouh, roxo e quente
pechar por foro as portas da súa igrexa sangue do corazón da nosa terra!
á xustiza do Rei, cobrar os dezmos ¡Acende os corazóns dos apoucados!
e dispoñer vendimas e trasegas! ¡¡prende lume nas almas, viño celta!!
Da terra asoballada (1927), R. Cabanillas