31/07/14

GALICIA DO 1º TERZO DO S. XX



A calzada de Cambados
(Lenzo de F. Lloréns)

Sol de vran. O mar de Arousa,
de praia en praia tendido,
canso de loitar, repousa,.
Ceo azuado e senlleiro.
Limpou de néboa a Curota
o maino vento mareiro.
Alá, na boca da ría,
dende a solana da costa
o Con de Noro vixía.
A luz que cai brava e roxa
encende as cunchas de nácar
nos areeiros da Toxa,
atolada e cantareira
crava frechas de diamante
nos negros cons da ribeira,
e, ardendo e brincando, chove
moída en pingas de ouro
nos pinales de Tragove.
Da terra asoballada (1926), Cabanillas

Ningún comentario:

Publicar un comentario